Pontevedra Viva!
O grupo Milladoiro reivindica a súa condición de PTV cun novo concerto en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
"Un concerto do grupo Milladoiro é sempre un evento cultural de primeira índole no noso país". Con esta premisa a concelleira de Cultura, Anxos Riveiro, arrancou este martes a rolda de prensa de presentación do concerto que terá lugar no Teatro Principal de Pontevedra o vindeiro 19 de abril.
A concelleira estaba acompañada de Moncho García, Nando Casal e Harry C., integrantes deste grupo que cumple "os seus primeiros 30 anos enriba dos escenarios".
Moncho García explicou que o concerto do Pazo ven a pechar un ciclo que eles mesmos organizaron "en ausencia de actividade dos programadores habituais" e que lles levou por toda Galicia "e evidentemente non podía faltar Pontevedra porque para nos e unha cidade de grandísimos concertos e na que se da unha circunstancia importante xa que cinco dos integrantes do grupo somos pontevedreses e o que non é galego, Harry, vive tamén aquí". Poderíase dicir que os de Milladoiro son PTV (Pontevedrés de toda la vida)
Segundo Moncho García hai tres razóns fundamentais para que a xente que se achegue ao concerto "o gusto pola música, o gusto por Milladoiro, e non ter nada mellor que facer o venres pola noite", chanceou "e por riba de todo vai chover".
Nando Casal explicou que o do Pazo da Cultura, será un percorrido polas súas bandas sonoras cinematográficas que compuxeron ao longo deste tempo, unha delas serviulles para gañar un Premio Goya en 1986, foi pola banda sonora orixinal da película La mitad del cielo, de Manuel Gutiérrez Aragón.
Ainda que Nando Casal admitiu que non poden faltar os tema de sempre de Milladoiro, así coma os tradicionais dúos de gaita"e algunha que outra sorpresa".